A verdadeira historia da mosca da tele

Hai moscas que non se conforman con ser moscas e que, ademais, queren ser estrelas da televisión.

A que non sabías que hai unha mosca que se coa nos programas de máxima audiencia? Unha mosca á que lle gusta xogar cos convidados. Pero iso si, aos convidados da tele non lles gusta nada que a mosca os amole…

Unha historia divertida e moi pouco particular, que nos vai servir para acompañar á mosca da tele polos platós de medio mundo. A culpa de todo tívoa un señor calvo que puxo o sombreiro xusto cando a mosca estaba a lle zugar a suor da cabeciña e así a secuestrou. Na súa viaxe, a mosca da tele coñecerá outros moitos insectos cos que compartirá aventuras e alimentos.

Unha viaxe zoolóxica e zooilóxica do máis divertida. Acompaña a esta mosca catódica no seu periplo de éxito mundial.

Ségueme en...