O meu pesadelo favorito

Manuel estaba enfermo, tiña febre e seu pai chamou ao veterinario. Na súa pequena vila non había médico, pero o veterinario receitoulle un xarope para cans que tamén lle ía moi ben aos nenos. Sería polo xarope, ou sería pola febre, o caso é que Manuel non paraba de soñar e soñar. Mesmo tiña soños dentro dos soños. Así coñeceu a un vendedor de olores de recordos; a unha repartidora de bicos para que os que dormen poidan soñar cos bicos que houbo na súa vida; un bar cheo de mentireiros; un extraterrestre moi preguntón que se movía polos sumidoiros para ir a calquera parte do planeta; e a Alicia, unha nena que non era como parecía…Todo se complicou cando o seu irmán xemelgo atopou ao extraterrestre no mundo real, e seu pai marchou ao bar das mentiras dos seus soños… Oh!! Agora si que se armou unha boa lea. Manuel tiña que resolver aquela confusión e só Alicia sabía como facelo.

O meu pesadelo favorito, premio Lazarillo de creación literaria 2014, é unha divertida historia chea de fantasía, tenrura e diversión onde os lectores poderán deixar voar a súa imaxinación, pasalo ben con curiosos personaxes, pero tamén aprender sobre o respecto aos que son diferentes a nós. Porque ás veces non hai nada máis real que soñar.

Próximamente en ITALIA con Giunti

“Carroll, Rodari, Eco. Revisitar a estes tres grandes autores indirectamente e lendo un libro de literatura galega é un auténtico luxo e, sobre todo, unha verdadeira alegría.” Revista dixital de literatura infantil e xuvenil “Criaturas”. Montse Pena Presas, crítica literaria e investigadora de literatura infantil e xuvenil.

“Un libro intelixente, enxeñoso, divertido, crítico que atesoura unha dose enorme de literatura.” Antonio García Teijeiro, escritor e director do Blog-revista “Versos e aloumiños”.

“Tenrura, humor e ciencia únense no relato, a pinceladas sobre o paro, a explotación infantil ou a morte, ademais dunha curiosa homenaxe a Ana María Matute.” Manuel Sollo, director e presentador de Biblioteca Pública en RNE.

“Realidade e ficción con moito humor e sentimiento.” El Cultural.

“O meu pesadelo favorito” unha obra para non deixar de soñar. Suplemento cultural Fugas da Voz de Galicia.

“Premiado co prestixioso premio Lazarillo, sen dúbida é un premio ben merecido para un dos libros infantís que máis dará que falar no presente curso editorial.” Mario Regueira en Sermos Galiza.

“Un relato moi ameno e ben construído que entronca cunha rica tradición literaria á que aporta a súa propia orixinalidade.” María Jesús Fernández, Revista CLIJ.

“Amosa algúns dos esteos -ironía, limpeza no discurso expresivo, suxestión crítica, sentido do humor, querencia polo mundo científico, cuestionamento de diversos roles, realidades vistas desde outro prisma- que María Solar vén utilizando na conformación dun corpus narrativo de inexcusable interese para a literatura infantil e xuvenil.” Ramón Nicolás, crítico literario, blog “Caderno da crítica”.

Ségueme en...