Últimas Novas

María Solar e Luis Fraga publican

María Solar e Luis Fraga publican "¿Quieres ser periodista?"

A editorial Siruela publica “¿Quieres ser periodista? Todo lo que tienes que saber... o casi” unha visión ampla e práctica do apaixonante mundo do xornalismo de man de María Solar e Luís Fraga.

"Skradzione godziny" a tradución ao polaco de "As horas roubadas"

A editorial Kobiece publica o 19 de outubro a tradución ao polaco de “As horas roubadas” (Xerais) de María Solar co título "Skradzione godziny".

María Solar leva

María Solar leva "Mi pesadilla favorita" á Europäische Schule Frankfurt

Os alumnos de español da Europäische Schule Frankfurt recibiron a visita da autora de “Mi pesadilla favorita” o pasado 19 de outubro.

"Chamando á Terra" o novo programa de libros da Radio Galega dirixido por María Solar

A Radio Galega estrea o vindeiro sábado 9 de setembro un programa semanal de libros en galego, “Chamando á Terra”.

Sae

Sae "Tinc uns peus perfectes" en catalán e a segunda edición en galego

A editorial Kalandraka publica en catalán “Tinc uns peus perfectes” ao tempo que sae a segunda edición do seu orixinal en galego “Teño uns pés perfectos”.

María Solar na web Portico of Galician Literature

María Solar na web Portico of Galician Literature

A web Portico of Galician Literature para promover a tradución en inglés de autores galegos conta xa entre as súas páxinas cunha entrada para María Solar.

"As horas roubadas" premio Frei Martín Sarmiento á mellor novela de 2016

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu a entrega dos premios Frei Martin Sarmiento que outorgan os lectores ás obras máis destacadas do ano en infantil, xuvenil e adultos.

Tras o éxito de Santiago,

Tras o éxito de Santiago, "Os nenos da varíola" preséntanse en marzo en Ponteareas, A Coruña e Marín

A libraría Cronopios de Santiago de Compostela quedou pequena para albergar ao gran número de persoas que acudiu á presentación de “Os nenos da varíola” de Maria Solar. A autora estivo acompañada polo director da editorial Galaxia, Francisco Castro, e o decano de Medicina, Juan Gestal. Entre os numerosos asistentes encontrábase unha representación da Asociación Isabel Zendal, presidida por Pilar Farjas. Gestal, catedrático de Saúde Pública, fixo unha amena descrición epidemiolóxica da varíola ao longo da historia con gran número de curiosas anécdotas.

Santiago homenaxea aos 5 nenos que saíron do seu orfanato na Expedición Balmis

Santiago homenaxea aos 5 nenos que saíron do seu orfanato na Expedición Balmis

Con motivo da publicación de “Os nenos da varíola” de María Solar, o Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, antigo Hospital Real, homenaxeou aos 5 nenos que saíron da cidade en 1803 para formar parte da Real Expedición Filantrópica da Vacina, levando a vacina da varíola ao Novo Mundo.

María Solar publica o 9 de febreiro a ficción histórica

María Solar publica o 9 de febreiro a ficción histórica "Os nenos da varíola"

Baseado na historia real da Real Expedición Filantrópica da Vacina. Narra a historia dos 22 nenos de Madrid, A Coruña e Santiago que formaron parte da cadea humana que en 1803 levaron “brazo a brazo” a recentemente descuberta vacina da varíola ao Novo Mundo. O libro publicarase ao tempo galego con Galaxia, en castelán coa editorial Anaya (Los niños de la viruela), e catalán con Bromera (L´expedició do doutor Balmis).