A repartidora de bicos na antoloxía Nuevos cuentos de la Esfinge de Ediciones Siruela que xa chega ás librarías

O volume conmemora os 25 anos e 250 títulos publicados na mítica colección infantil e xuvenil Las Tres Edades. Entre eles figura “La repartidora de besos”, un dos máis celebrados capítulos de “Mi pesadilla favorita” de María Solar, Premio Lazarillo 2014.

A repartidora de bicos na antoloxía Nuevos cuentos de la Esfinge  de Ediciones Siruela que  xa chega ás librarías

A colección dirixida por Michi Strausfeld, foi e é referente na literatura infantil e xuvenil no mundo. Esta antoloxía Nuevos cuentos de la Esfinge, recolle fragmentos, narracións e capítulos dunha selección de títulos e autores de todo o mundo, ademais de oito oito relatos inéditos. Os autores deste volume son: Alejandro Gándara, Ana Cristina Herreros, Andrés Barba, Antonio Colinas, Catherine Clément, Cornelia Funke, Cristina Bellon, Damián Flores, Enzo d’Alò, Evgenios Trivisás, Fabio Morábito, Fernanda Krahn, Galia Oz, Gaston Kaboré, Gillian Richardson, Giovanni Bignami, Henning Mankell, Inés Garland, Inés Ortega, Irene Gracia, Jesús Marchamalo, Jordi Sierra i Fabra, José María Guelbenzu, Jostein Gaarder, Juan Cruz, Katja Henkel, Lev Tolstói, Linda Quilt, Manuel Brugarolas, María Solar, Meg Rosoff, Mirjam Pressler, Nuria Amat, Óscar Collazos, Paro Anand, Patricio Pron, Paul Maar, Pedro Zarraluki, Peter van Olmen, Pierdomenico Baccalario, Rafael Dezcallar, Roberto Piumini, Rudyard Kipling, Santiago Roncagliolo, Sherman Alexie, Tonke Dragt, Véronique Tadjo, Victoria Cirlot, Wolfgang Korn.

Aquí podes ver a ficha do libro.