Anaya publica "Quokka Moka" en castelán

Co mes de setembro chega a primeira tradución de “Quokka Moka” desde o seu orixinal en galego publicado por Xerais. Só uns meses despois da súa saída as aventuras de quokka chegan a toda España de man de Anaya. O libro chega a todas as librarías en setembro de 2019 e pouco despois será tamén traducido ao catalán por Animallibre.

Anaya publica

Neste caso o libro de María Solar conta coas ilustracións orixinais de Victor Rivas e a tradución de María Xesús Fernández.

Os quokkas, unha especie australiana de marsupiales en perigo de extinción, son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Pero nosa Quokka Moka é insoportable até fartar.

Un día, sen querer, quokka extermina á súa especie. Só sobreviven ela e a súa riseira avoa, que, por certo, está moi enfadada. As dúas, coa axuda do espírito do sapo Roco, o seu mellor amigo, deben ir ao Antiuniverso na procura dos quokkos para tentar recuperar a súa especie.

Unha divertida aventura entre o mundo do dereito e o mundo do revés que xa cativou aos lectores en galego e chega agora a toda España.