María Solar e Luis Fraga publican "¿Quieres ser periodista?"

A editorial Siruela publica “¿Quieres ser periodista? Todo lo que tienes que saber... o casi” unha visión ampla e práctica do apaixonante mundo do xornalismo de man de María Solar e Luís Fraga.

María Solar e Luis Fraga publican

Os autores quixeron facer un libro práctico, actual e ameno que conta con anécdotas, reflexións e opinións de expertos en cada área. “¿Quieres ser periodista?” achéganos ás habilidades e coñecementos necesarios para dedicarse a esta profesión, as maneiras de aproximarse a unha noticia, etc. Describe como é o traballo do día a día na prensa, radio, televisión e os medios dixitais, entre outros. Desde os aspectos éticos ata os máis prácticos. É un libro escrito pensando no xornalismo actual e nos cambios que se aveciñan.

A Universidade Complutense de Madrid e a Universidade Nebrija acollerán as dúas primeiras presentacións do libro en Madrid.