María Solar inaugura no Teatre Principal de Vilanova i la Geltrú o premio Menjallibres

O ciclo de encontros cos escritores finalistas do premio Menjallibres na súa primeira edición abriuse coa visita de María Solar a Vilanova i a Geltrú.

María Solar inaugura no Teatre Principal de Vilanova i la Geltrú o premio Menjallibres

Os 324 mozos inscritos neste premio de lecturas voluntarias déronse cita coa autora no Teatre Principal da cidade. Os adolescentes puideron coñecer de primeira man o proceso de creación e a historia real na que se basea "L'expedició do doutor Balmis" (Bromera) tradución ao catalán de “Os nenos da varíola” (Galaxia) tamén publicada en castelán como “Los niños de la viruela” (Anaya).

No próximo mes de maio as tres autoras finalistas daranse cita de novo cos lectores que elixirán o libro gañador. O premio Menjallibres é unha inciativa do Servei d'Educació de l'IMET e da Regidoria de Cultura de Vilanova i la Geltrú.