María Solar leva "Mi pesadilla favorita" á Europäische Schule Frankfurt

Os alumnos de español da Europäische Schule Frankfurt recibiron a visita da autora de “Mi pesadilla favorita” o pasado 19 de outubro.

María Solar leva

O libro foi elixido como lectura dos alumnos 3º, 4º e 5º curso. Os alumnos desta singular escola plurilingüe, descubriron coa autora as curiosidades e a intrahistoria do libro que foi Premio Lazarillo e destacado pola Internationale Jugendbibliothek de Munich na lista White Raven dos mellores libros de infantil do mundo en 2015.