María Solar participa no ciclo de conferencias dos Premis Literaris Ciutat d’Alzira en Valencia

As xornadas literarias dos Premis Literaris Ciutat d’Alzira organizadas pola Fundación Bromera son xa un referente en Valencia en materia de literatura infantil e xuvenil. Baixo o título “Escribir para nenos desde a periferia”, María Solar, dirixiuse a un auditorio heteroxéneo onde non faltaban autores, profesores e lectores en xeral. Realizou un repaso da historia da literatura infantil e xuvenil en Galicia desde o seu nacemento ata as actuais xeracións con nomes de referencia na LIX española.

María Solar participa no ciclo de conferencias dos Premis Literaris Ciutat d’Alzira en Valencia

A participación de María Solar coincide coa edición en valenciano de “El meu mal son favorit”, co que a autora gañou o Premio Lazarillo 2014. Este libro fai o número 200 da coñecida colección El Micalet Galàctic de Edicions Bromera e esta efeméride foi aproveitada tamén nas xornadas para presentar ao auditorio esta edición, así como para realizar varios encontros con alumnado de distintos colexios.