María Solar publica o 9 de febreiro a ficción histórica "Os nenos da varíola"

Baseado na historia real da Real Expedición Filantrópica da Vacina. Narra a historia dos 22 nenos de Madrid, A Coruña e Santiago que formaron parte da cadea humana que en 1803 levaron “brazo a brazo” a recentemente descuberta vacina da varíola ao Novo Mundo. O libro publicarase ao tempo galego con Galaxia, en castelán coa editorial Anaya (Los niños de la viruela), e catalán con Bromera (L´expedició do doutor Balmis).

María Solar publica o 9 de febreiro a ficción histórica

A ficción, situada no hospicio da Coruña, sitúase arredor da chegada á cidade do doutor Balmis e o seu equipo. Unha historia emocionante, que non deixará a ninguén indiferente pola intensidade dos seus personaxes e a importancia desta xesta médica transcendental para que en 1980 a OMS declarase o planeta Terra, zona libre de varíola. A primeira vez, e única, que unha enfermidade se erradicaba por unha vacina.