María Solar recibe o Premio "Ínsua dos Poetas" de Creación Literaria

A Fundación Ínsua dos Poetas celebrou a XI edición da Festa da Palabra no Carballiño na que se fixo entrega dos galardóns Ínsua dos poetas. Estes galardóns destacaron a traxectorias de varias persoas e colectivos en diferentes campos da cultura.

María Solar recibe o Premio

María Solar foi galardoada na modalidade de Creación Literaria pola súa traxectoria como escritora, en especial na literatura infantil e xuvenil, e tamén polo seu traballo nos medios de comunicación, en concreto na TVG no programa cultural Zigzag e na Revista Fin de Semana. Tamén foron galardoados, María Victoria Carballo-Calero en Artes Plásticas; o Centro Galicia de Bos Aires en Lingua e Cultura galega; a Asociación de Veciños da Parroquia de Madarnás en Acción Social; Manuel Bernárdez Otero en Iniciativa Empresarial; a Asociación Fotográfica O Potiños en Imaxe e Audiovisual; e a Cadena SER do Carballiño en Medios de Comunicación.
No acto de entrega, celebrado o sábado 20 de xullo na Ínsua dos poetas, María Solar recibiu o premio, unha escultura do autor Acisclo Manzano, de mans do Presidente do Parlamento Galego, Miguel Santalices.