“Mi pesadilla favorita” distinguido na lista White Ravens 2015 entre os mellores libros do mundo.

A biblioteca de Múnic deu a coñecer o seu prestixioso catálogo no que 20 expertos seleccionan os mellores libros do ano no mundo da literatura infantil e xuvenil. Son 200 títulos procedentes de 55 países. Entre eles seis de España, distinguindo “Mi pesadilla favorita” escrito por María Solar e editado por Siruela con ilustracións de María Lires e tradución, do orixinal en galego ao castelán, de Mercedes Pacheco.

“Mi pesadilla favorita” distinguido na lista White Ravens 2015 entre os mellores libros do mundo.

Os galardoados este ano serán presentados oficialmente o 15 de outubro na feira de Frankfurt. “Mi pesadilla favorita” xa contaba co premio Lazarillo de Creación literaria de 2014.

Catálogo White Ravens 2015