Presentación de “Teño uns pés perfectos” o venres 4 no Culturgal

A nova edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia, o Culturgal, abre as súas portas o próximo venres en Pontevedra. Ese mesmo día, pola tarde ás 18,30h no Espazo Foro, celebrarase a presentación do novo libro de María Solar con ilustracións de Gusti: “Teño uns pés perfectos”

Presentación de “Teño uns pés perfectos” o venres 4 no Culturgal

A autora será entrevistada pola actriz e narradora Beatriz Campos. Cunha parte de creación literaria e outra de divulgación científica, “Teño uns pés perfectos” trátase dun libro dentro doutro libro, diferenciados coa súa propia portada, papel e ata nas ilustracións.

Agardámosvos o venres 4 de decembro ás 18,30h no Culturgal.