Sae "Tinc uns peus perfectes" en catalán e a segunda edición en galego

A editorial Kalandraka publica en catalán “Tinc uns peus perfectes” ao tempo que sae a segunda edición do seu orixinal en galego “Teño uns pés perfectos”.

Sae

O libro, con gran aceptación do público de todas as idades, foi tamén publicado en castelán “Tengo unos pies perfectos” Trátase da historia de Melchor, un dos nenos máis listos do mundo, que acode a un concurso de sabedoría e atópase cun curioso tema a resolver: “os pés”. Trátase dun libro dentro dun libro, xa que no interior atoparemos o libro que Melchor consulta para aprender máis sobre o tema. Por que cheiran a queixo? Por que temos un pé dereito e outro esquerdo? Ou cantos ósos temos nos pés? Son algunhas das dúbidas que resolve Melchor coa lectura.

A nova edición en catalán conta tamén coas ilustracións de Gusti e a tradución de Pau Joan Hernàndez.