"Tenho uns pés perfeitos" chega ao portugués

Melchor Sabichón pasa agora a ser Simão Sabichão na tradución ao portugués do libro de María Solar que no seu día conseguiu entrar na prestixiosa lista White Ravens que destaca os mellores libros infantis do mundo. Esta nova publicación súmase ás edicións en galego, castelán, catalán e próximamente verán a luz as traducións ao chinés e o filipino. Os pés seguen camiñando polo mundo.