“Teño uns pés perfectos” o novo libro de María Solar xa nas librarías en galego e castelán

“Teño uns pés perfectos” é un libro dentro doutro libro. Unha parte de creación literaria e outra divulgativa, diferenciadas na obra impresa pola cor do papel.

“Teño uns pés perfectos” o novo libro de María Solar xa nas librarías en galego e castelán

Kalandraka edita esta obra, con texto de María Solar e ilustracións de Gusti, en galego e castelán. Os lectores acompañarán a Melchor no seu descubrimento de todo cando necesita aprender sobre os pés para presentarse ao concurso, chegando á conclusión de que ás veces o inmediato pásanos máis desapercibido.

As ilustracións de Gusti reflicten tamén esa dualidade: escenas cotiás de Melchor no apartado narrativo; formas icónicas e esquemáticas no plano científico. En conxunto, texto e imaxes están cargados de humor.

“Teño uns pés perfectos” chega xa ás librarías de toda España, un libro para ler cos pés descalzos.