Tras o éxito de Santiago, "Os nenos da varíola" preséntanse en marzo en Ponteareas, A Coruña e Marín

A libraría Cronopios de Santiago de Compostela quedou pequena para albergar ao gran número de persoas que acudiu á presentación de “Os nenos da varíola” de Maria Solar. A autora estivo acompañada polo director da editorial Galaxia, Francisco Castro, e o decano de Medicina, Juan Gestal. Entre os numerosos asistentes encontrábase unha representación da Asociación Isabel Zendal, presidida por Pilar Farjas. Gestal, catedrático de Saúde Pública, fixo unha amena descrición epidemiolóxica da varíola ao longo da historia con gran número de curiosas anécdotas.

Tras o éxito de Santiago,

Tras esta presentación, en Marzo celebraranse outras tres. O día 10 ás 20.30h no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, acompañada polo director da editorial Galaxia, Francisco Castro, e o coordinador do ciclo “Venres D_Letras”, Manrique Fernández. O 15 de Marzo ás 19:30h na libraría Moito Conto da Coruña. Acompañada polos dous investigadores principais en Galicia sobre os nenos de Balmis, Antonio López Mariño e Joaquin Pedrido, e o director da editorial Galaxia, Francisco Castro. E o 17 de Marzo no Ateneo de Marín ás 20h acompañada pola escritora Elena Galego.