Últimas Novas

O libro

O libro "Teño uns pés perfectos" de Maria Solar entra na prestixiosa lista The White Ravens

Se o ano pasado foi “O meu pesadelo favorito” este ano María Solar consegue entrar na prestixiosa lista The White Ravens dos mellores libros infantís do mundo con “Teño uns pés perfectos”. Publicado na colección Sete Leguas de Kalandraka, entra así na selección The White Ravens 2016 pola Internationale Jugendbibliothek de Munich, que elixiu 200 obras de 60 países para formar parte desta selecta escolma dos mellores libros infantís e xuvenís. O comité de selección destacou que María Solar aborda nesta obra un aspecto tan “novidoso e inusual” como os pés, dando como resultado un libro “informativo e entretido”. Os especialistas da Internationale Jugendbibliothek tamén destacaron o “enxeño” das ilustracións do arxentino Gusti, que invitan os lectores a “fixarse máis” nesta parte do corpo.

"La verdadera historia de la mosca de la tele" en China

Xa rematou o semestre na facultade de Filoloxía da Universidade de Chongqing na China. Alí 120 alumnos estudan primeiro curso de español.

"As horas roubadas" publicarase en Polonia

A editorial Kobiece de Polonia adquiriu os dereitos para publicar a última novela de María Solar.

"O meu pesadelo favorito" en Italia e Turquía

María Solar suma dúas novas traducións para “O meu pesadelo favorito”.

"O meu pesadelo favorito" Premio ao mellor libro infantil na I Gala do Libro Galego

Os editores, escritores e libreiros galegos reunironse por primeira vez para outorgar uns premios conxuntos de todo o sector na chamada I Gala do Libro Galego.

“O meu pesadelo favorito” e “Teño uns pés perfectos” finalistas na I Gala do Libro Galego

“O meu pesadelo favorito” e “Teño uns pés perfectos” finalistas na I Gala do Libro Galego

Por primeira vez editores, escritores e libreiros unen os seus premios anuais para buscar xuntos as mellores publicacións do 2015 nas distintas categorías.

María Solar formará parte da delegación de Santiago na Feira do libro de Buenos Aires

María Solar formará parte da delegación de Santiago na Feira do libro de Buenos Aires

A 42 Feira Internacional do libro de Buenos Aires que se celebrará do 21 de abril ao 9 de maio, terá a Santiago de Compostela como cidade convidada.

O 5 de maio á venda “As horas roubadas” de María Solar en galego e castelán

O 5 de maio á venda “As horas roubadas” de María Solar en galego e castelán

O próximo día 5 de maio sae á venda a nova novela de María Solar nun lanzamento conxunto en galego e castelán.

“Teño uns pés perfectos” na exposición da XVI Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

“Teño uns pés perfectos” na exposición da XVI Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

As ilustracións de Gusti do libro “Teño uns pés perfectos” de María Solar dán a benvida aos nenos e nenas que participan na Galería Sargadelos de Santiago na XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura “Contos para despois da chuvia”.

Xa en librarías en catalán “La história auténtica de la mosca de la tele”

Xa en librarías en catalán “La história auténtica de la mosca de la tele”

A editorial valenciana Andana acaba de publicar a tradución ao catalán de “La história auténtica de la mosca de la tele”.