Últimas Novas

Xa en librarías en catalán “La história auténtica de la mosca de la tele”

Xa en librarías en catalán “La história auténtica de la mosca de la tele”

A editorial valenciana Andana acaba de publicar a tradución ao catalán de “La história auténtica de la mosca de la tele”.

O 24 de marzo á venda “Las brujas de la reina Lupa” de María Solar

O 24 de marzo á venda “Las brujas de la reina Lupa” de María Solar

“As meigas de Lupa” publicado por Xerais, e que leva catro edicións, sae agora en castelán con Anaya e baixo o título “Las brujas de la reina Lupa”.

A Fundación Cuatrogatos de Miami recomenda “Mi pesadilla favorita”

A Fundación Cuatrogatos de Miami recomenda “Mi pesadilla favorita”

A prestixiosa Fundación Cuatrogatos de Miami en EUA fixo públicos os seus premios anuais, así como a selección de 80 libros recomendados de entre a literatura infantil mundial.

“Ou meu pesadelo favorito” mellor libro infantil de 2015 en Fervenzas literarias

“Ou meu pesadelo favorito” mellor libro infantil de 2015 en Fervenzas literarias

As dúas últimas obras infantís de María Solar figuran entre as preferidas dos lectores da revista Fervenzas Literarias que elixiron os mellores libros do 2015. “Ou meu pesadelo favorito” situouse como o mellor libro infantil de 2015, mentres que “Teño un pés perfectos” da editorial Kalandraka, figura no posto número sete e como quinto entre as portadas máis valoradas do ano.

Edicions Bromera celebra 30 anos da súa colección El micalet galàctic con

Edicions Bromera celebra 30 anos da súa colección El micalet galàctic con "El meu malson favorit"

A editorial Bromera xa pode presumir de 200 títulos e 30 anos de literatura infantil en valenciano. O número 200 da colección El micalet galàctic é para El meu malson favorit de María Solar.

A repartidora de bicos deséxavos feliz 2016

A repartidora de bicos deséxavos feliz 2016

Esta é a REPARTIDORA DE BICOS que garda en caixiñas todos os nosos bicos: os que demos, os que nos cambiaron a vida, os que se perderon, incluso os que non chegamos a dar...

Presentación de “Teño uns pés perfectos” o venres 4 no Culturgal

Presentación de “Teño uns pés perfectos” o venres 4 no Culturgal

A nova edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia, o Culturgal, abre as súas portas o próximo venres en Pontevedra. Ese mesmo día, pola tarde ás 18,30h no Espazo Foro, celebrarase a presentación do novo libro de María Solar con ilustracións de Gusti: “Teño uns pés perfectos”

“Teño uns pés perfectos” o novo libro de María Solar xa nas librarías en galego e castelán

“Teño uns pés perfectos” o novo libro de María Solar xa nas librarías en galego e castelán

“Teño uns pés perfectos” é un libro dentro doutro libro. Unha parte de creación literaria e outra divulgativa, diferenciadas na obra impresa pola cor do papel.

A repartidora de bicos na antoloxía Nuevos cuentos de la Esfinge  de Ediciones Siruela que  xa chega ás librarías

A repartidora de bicos na antoloxía Nuevos cuentos de la Esfinge de Ediciones Siruela que xa chega ás librarías

O volume conmemora os 25 anos e 250 títulos publicados na mítica colección infantil e xuvenil Las Tres Edades. Entre eles figura “La repartidora de besos”, un dos máis celebrados capítulos de “Mi pesadilla favorita” de María Solar, Premio Lazarillo 2014.

María Solar participa no ciclo de conferencias dos Premis Literaris Ciutat d’Alzira en Valencia

María Solar participa no ciclo de conferencias dos Premis Literaris Ciutat d’Alzira en Valencia

As xornadas literarias dos Premis Literaris Ciutat d’Alzira organizadas pola Fundación Bromera son xa un referente en Valencia en materia de literatura infantil e xuvenil. Baixo o título “Escribir para nenos desde a periferia”, María Solar, dirixiuse a un auditorio heteroxéneo onde non faltaban autores, profesores e lectores en xeral. Realizou un repaso da historia da literatura infantil e xuvenil en Galicia desde o seu nacemento ata as actuais xeracións con nomes de referencia na LIX española.