Últimas Novas

A EXPOSICIÓN D´AS MEIGAS DE LUPA EN LUGO

A EXPOSICIÓN D´AS MEIGAS DE LUPA EN LUGO

O Museo Interactivo de Historia de Lugo acolle a exposición inspirada no libro “As Meigas de Lupa” ata o 6 de abril.

Reportaxe na TVG sobre

Reportaxe na TVG sobre "As meigas de Lupa" e a súa BSO

O amplo proxecto que naceu abeirado ao libro "As meigas de Lupa" é protagonista dunha reportaxe no programa cultural Zigzag Diario da TVG. O libro e a banda sonora orixinal composta por David Alonso Garzón, centran a atención desta información que avanza imaxes do audiovisual que Julio Seijas está a desenvolver así como a próxima exposición do proxecto.

A segunda edición de

A segunda edición de "A verdadeira historia da mosca da tele" na web de Galaxia.

A editorial Galaxia faise eco na súa web da segunda edición de "A verdadeira historia da mosca da tele". O libro da colección Árbore é finalista do Premio Frei Martin Sarmiento que se fallará proximamente.

María Solar e David Alonso na Tarde da Radio Galega

María Solar e David Alonso na Tarde da Radio Galega

Música, meigas, maxia, risas, misterio e unha divertida conversa, así foi a entrevista que Cristina García lle fixo a María Solar e David Alonso. A autora e o compositor de "As meigas de Lupa" foron entrevistados no Magazine "A tarde" da Radio Galega.

"A verdadeira historia da mosca da tele" inaugura a nova tempada do Lendo contigo

A lectura coa que abrirá a tempada 2013-2014 do club de lectura compartida Lendo Contigo será A verdadeira historia da mosca da tele. María Solar, a autora deste conto, estará na biblioteca de Gondomar para desvelar todos os segredos do libro.

A segunda edición de “As meigas de Lupa”, con banda sonora orixinal, xa está á venda

A segunda edición de “As meigas de Lupa”, con banda sonora orixinal, xa está á venda

A segunda edición do libro As meigas de Lupa conta con banda sonora orixinal incluída nun CD que acompaña ao libro.

"A verdadeira historia da mosca da tele" finalista dos premios Frei Martín Sarmiento

Hoxe déronse a coñecer os libros finalistas da nova edición do premio Frei Martín Sarmiento, “A verdadeira historia da mosca da tele” figura como finalista da categoría de 5º e 6º de educación Primaria. En maio de 2014 saberemos os gañadores trala votación de centos de nenos de toda Galicia.

A banda sonora de

A banda sonora de "As meigas de Lupa" finalista nos premios Jerry Goldsmith

A segunda edición do libro As meigas de Lupa de María Solar , que Edicións Xerais está a preparar para o vindeiro outono, contará con banda sonora orixinal.

"Vou ter un irmán!!!" Premio Frei Martín Sarmiento

O colexio La Salle de Santiago acolleu a entrega dos premios da IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento, na categoría de 1º e 2º de Educación Primaria, no que premiaron o libro ‘Vou ter un irmán!!! editado por Galaxia e ilustrado por Xosé Tomás.