Últimas novas

Anaya publica "Quokka Moka" en castelán

Anaya publica "Quokka Moka" en castelán

Co mes de setembro chega a primeira tradución de “Quokka Moka” desde o seu orixinal en galego publicado por Xerais. Só uns meses despois da súa saída as aventuras de quokka chegan a toda España de man de Anaya. O libro chega a todas as librarías en setembro de 2019 e pouco despois será tamén traducido ao catalán por Animallibre.

María Solar recibe o Premio "Ínsua dos Poetas" de Creación Literaria

María Solar recibe o Premio "Ínsua dos Poetas" de Creación Literaria

A Fundación Ínsua dos Poetas celebrou a XI edición da Festa da Palabra no Carballiño na que se fixo entrega dos galardóns Ínsua dos poetas. Estes galardóns destacaron a traxectorias de varias persoas e colectivos en diferentes campos da cultura.

'Quokka Moka' chega ás librarías o 7 de marzo

'Quokka Moka' chega ás librarías o 7 de marzo

A nova novela infantil de María Solar verá a luz o próximo 7 de marzo. Unha historia divertida, na que o humor non está rifado coa reflexión. Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Quokka Moka, a protagonista, sorrí como todas as quokkas pero é realmente insoportable.

Volven as "Conversas entre literatura e ciencia" sobre o libro "Os nenos da varíola" con case 800 rapaces en Culleredo

Volven as "Conversas entre literatura e ciencia" sobre o libro "Os nenos da varíola" con case 800 rapaces en Culleredo

A primeira das “Conversas entre literatura e ciencia” do 2019 reuniu entorno ao libro “Os nenos da varíola” de María Solar a case 800 adolescentes de dez centros educativos da Coruña.

Quokka Moka

Quokka Moka

Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable? Pois esa é a nosa Quokka Moka. Insoportable ata fartar.

¿Quieres ser periodista?

¿Quieres ser periodista?

Unha visión ampla e práctica do apaixonante mundo do xornalismo.

Os nenos da varíola

Os nenos da varíola

Baseada na historia real dos 22 nenos orfos da expedición Balmis que levaron no seu corpo a vacina da varíola a América

Ségueme en...