As horas roubadas

Promo las horas robadas

A morte dun ancián cunha mensaxe na súa man, «Dime que me queres», destapa unha pasional historia de amor que nunca terminou. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes de aprobarse a lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello secreto e pola necesidade de cambiar as súas vidas.

Persoas que dominan ou que son dominadas, rutinas que matan o amor, infidelidades que ven a luz, adolescentes que descobren o sexo e a traizón... Unha novela de sentimentos que envolve ao lector nas súas páxinas e que lle leva a coñecer personaxes inmersos nunha época, non tan afastada, na que vivir sen ataduras era unha tarefa pendente.

Unha novela coral que nos leva a través da vida de tres xeracións para demostrar que non hai idade para o amor, e que cando as cousas non cambian pola nosa vontade, algo insospeitado pode facelas cambiar. Para sempre.

Proximamento en POLONIA con Kobiece

  • Premio Frei Martín Sarmiento á mellor novela de 2016

"Unha historia de amor que incendia todos os misterios." Manuel Rivas.

"A María Solar hai que lela coa mirada curva de quen asiste a unha revelación. Da súa escritura rítmica saen lecturas sinceras, historias con acento propio que fan tremer os cimentos do cotián." Telmo Avalle, revista Leer para contarlo.

"As horas roubadas é, ante todo, unha novela de emocións: das que nos (con)moven por dentro, das que nos revolven, das que provocan que reformulemos o propio camiño, das que cuestionan que parte do noso pasado podemos superar ..." Montse Pena Presas, Faro de Vigo.

"As horas roubadas ten unha expresión concisa, medida con equilibrio e precisión (…) Pero esa aparente sinxeleza acaba por levarnos ao interior dunha análise fondísima de personaxes, situacións e sentimentos de grande complexidade." Afonso Becerra, dramaturgo.

"Poderían subliñarse frases e frases, parágrafos enteiros, e neses fragmentos cabería toda a filosofía dunha vida e toda a forza dunha historia." Lorena Dominguez en Culturagalega.org.

"Unhas páxinas repletas de sentimentos que levarán ao lector a coñecer a uns personaxes inmersos nunha época onde vivir sen limitacións era unha tarefa pendente." Susana Santaolalla, Libros de Arena RNE.

Entrevista RNE Bilbao

Dispoñible á venta a partir do 5 de Maio.

Ségueme en...