As meigas de Lupa

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.

Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.

As meigas de Lupa naceron como un libro e despois medraron cara unha BSO creada polo compositor David Alonso Garzón que se pode atopar en CD na segunda edición do libro e que foi finalista dos prestixiosos premios Jerry Gold Smith. Máis tarde xurdiu o Booktrailer da obra creado por La Cosa Gráfica a través dunha novidosa técnica que mestura pop ups con sombras chinescas e actores reais, 20 actores do grupo Achádego de Lugo que participaron nesta produción.

Booktrailer

Banda Sonora

A casa da avoa

Os discípulos

O soño de lupa

Ebura

As meigas baixo o Pico

Ségueme en...