Quokka Moka

Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable? Pois esa é a nosa Quokka Moka. Insoportable ata fartar.

Un día, sen querer, extermina a súa especie e só sobreviven ela e mais a súa riseira avoa, que quedou moi enfadada. As dúas, coa axuda do espírito do sapo Roco, o seu mellor amigo, deberán ir ao Antiuniverso na procura dos quokkos para tentar recuperar a especie.Unha divertida aventura vivida entre o mundo do dereito e o mundo do revés.

PRÓXIMAMENTE EN CASTELÁN EN ANAYA E CATALÁN EN ANIMALLIBRE

"Divertido relato que baixo o título de Quokka Moka nos conduce a reflexionar sobre a vida e a nosa postura ante ela, sobre o respecto e a educación, e tamén sobre a convivencia" Trafegando Ronseis.

"Entretida, chea de momentos e pasaxes memorables e de moi agradable lectura" Armando Requeixo.

"Un ton divertido e cómico que fará gozar aos lectores" Crítica de María Navarro en Faro de Vigo.

Ségueme en...