Teño uns pés perfectos

Melchor Sabichón preséntase ao concurso «Na busca do neno máis listo» pero, malia ter preparado moitos e moi sesudos temas, non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés. O protagonista atopará nun libro todo canto necesita saber sobre esas extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr, o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as unllas ou as pegadas que deixamos…

“Teño uns pés perfectos” é un libro dentro doutro libro, cunha parte de creación literaria e outra informativa, diferenciadas na obra impresa pola cor do papel. Os lectores acompañarán a Melchor no seu descubrimento de todo canto precisa aprender sobre os pés para -cos coñecementos adquiridos- presentarse ao concurso, tendo chegado á conclusión de que ás veces o inmediato pásanos máis desapercibido.

As ilustracións de Gusti reflicten tamén esa dualidade: escenas cotiás de Melchor no apartado narrativo; formas icónicas e esquemáticas no plano científico. En conxunto, texto e imaxes están cargados de humor.

Próximamente en portugués e catalán

“Cando Melchor Sabichón descobre que o tema que lle tocou para o concurso “Na busca do neno máis listo” son “os pés” casi sofre un colapso. Menos mal que súa nai o tranquiliza e lle entrega un apaixoante manual sobre estos descoñecidos do corpo humano. O primeiro é descalzarnos e observar, tes un pé grego ou exipcio?, por que ás veces cheiran a queixo?, canto medran as unllas? Curiosidades que o lector aprenderá neste libro mentres se pregunta se Melchor será capaz de superar a proba contra os seus intelixentes competidores.” Recomendación de El Cultural de El Mundo.

Ségueme en...