"As horas roubadas" premio Frei Martín Sarmiento á mellor novela de 2016

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu a entrega dos premios Frei Martin Sarmiento que outorgan os lectores ás obras máis destacadas do ano en infantil, xuvenil e adultos.

A obra “As horas roubadas” de María Solar, publicada por editorial Xerais, foi elixida mellor novela de adultos en 2016. A novela foi tamén publicada por Grijalbo en castelán como “Las horas robadas” e pronto sairá en polaco co Kobiece. É unha novela coral sobre amor e desamor que percorre tres xeracións, fiada por un segredo familiar. Está ambientada en 1979 en plena transición española.