"Chamando á Terra" o novo programa de libros da Radio Galega dirixido por María Solar

A Radio Galega estrea o vindeiro sábado 9 de setembro un programa semanal de libros en galego, “Chamando á Terra”.

Emitirase ás 15h presentado e dirixido por María Solar. Contará cun equipo de recoñecido prestixio no mundo literario como Montse Pena Presas, Malores Villanueva e Alba Cid. A intención deste novo espazo é estimular as ganas de ler de todos os públicos e de todos os xéneros de lectura. Escoitaremos libros, opinaremos, oiremos aos autores, daremos sitio aos lectores e non nos cinguiremos só ás novidades porque tamén hai moitos libros que rescatar.