Cheo no Teatro Principal de Pontevedra para a primeira "Conversa entre ciencia e literatura"

Máis de 600 mozos abarrotaron o Teatro Princial de Pontevedra nas dúas sesións do primeiro “Conversa entre ciencia e literatura” que se realiza sobre o libro “Os nenos da varíola” e que reune no escenario á autora, María Solar e ás científicas do CSIC, Marta López e Luisa Martinez.

Cheo no Teatro Principal de Pontevedra para a primeira

A espectacular acollida dos mozos lectores repetirase noutras cidades nos próximos meses: A Coruña, Santiago, Vigo e Vilagarcía organizadas pola Editorial Galaxia e coa colaboración do CSIC. “Os nenos da varíola” é o libro máis vendido do ano en Galicia con lectores adultos e mozos que se achegaron á novela que recolle unha das xestas máis importantes da medicina universal.