"Os nenos da varíola" segundo libro máis vendido de Galaxia en 2019

Por terceiro ano "Os nenos da varíola" de María Solar se sitúa na cabeza dos libros máis vendidos en 2019.

A Editoria Galaxia vén de sacar a súa habitual lista de vendas do ano na que Domingo Villar se erixe de número un en vendas, seguido por "Os nenos da varíola". 2019 é o terceiro ano no que este libro de María Solar encabeza a lista dos best sellers de Galaxia, sendo segundo tamén en 2018 e primeiro no ano do seu lanzamento o 2017. O libro verá tamén no 2020 a súa adaptación teatral que será estreada a finais de febreiro pola compañía Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego.