"Os nenos da varíola" un dos libros máis vendidos en Galicia no 2018

A Editorial Galaxia acaba de facer público os seus libros máis vendidos do 2018. “Os nenos da varíola” figura como o segundo máis vendido do ano tras “Anagnórise” da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno. Este bo dato chega despois de ser o máis vendido da editorial o ano 2017. “Os neos da varíola” está traducido tamén ao castelán con Anaya e ao catalán con Bromera.