Santiago homenaxea aos 5 nenos que saíron do seu orfanato na Expedición Balmis

Con motivo da publicación de “Os nenos da varíola” de María Solar, o Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, antigo Hospital Real, homenaxeou aos 5 nenos que saíron da cidade en 1803 para formar parte da Real Expedición Filantrópica da Vacina, levando a vacina da varíola ao Novo Mundo.

Santiago homenaxea aos 5 nenos que saíron do seu orfanato na Expedición Balmis

Unha placa lembra a Juan Antonio, Jacinto, Gerónimo María, Francisco Florencio, Juan Francisco na que foi a propia sala do orfanato no antigo Hospital Real. Ao acto asistiron xunto coa autora, o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, e o director do Hostal, Julio Castro. A editorial Galaxia editou un tríptico informativo que acompañará a placa en 3 idiomas para os visitantes que se acheguen a vela. O libro foi editado tamén en Anaya como “Los niños de la viruela” e en catalán con Bromera como “L´expedició del doctor Balmis”.