Volven as "Conversas entre literatura e ciencia" sobre o libro "Os nenos da varíola" con case 800 rapaces en Culleredo

A primeira das “Conversas entre literatura e ciencia” do 2019 reuniu entorno ao libro “Os nenos da varíola” de María Solar a case 800 adolescentes de dez centros educativos da Coruña.

Volven as

A charla, organizada pola Editorial Galaxia, tivo lugar no auditorio do IES Universidade Laboral de Culleredo onde a autora e as científicas do CSIC, Marta López (microbióloga) e Luisa Martínez (responsable da Unidade de Cultura Científica) realizaron dous pases da charla nos que debullaron a parte científica e literaria desta historia sobre la Real Expedición Filantrópica da Vacina que partiu do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803. O concepto científico da vacina, os virus e as bacterias, o contexto histórico no que se desenvolve o libro, a documentación recollida pola autora, a relevancia dos personaxes reais, e a trama e construción literaria da novela, son algúns dos aspectos a tratar que fan desta conversa unha charla multidisciplinar na que os rapaces poden intervir e facer as súas preguntas.

As próximas citas de “Conversas entre Ciencia e Literatura” serán o 25 de febreiro en Santiago e o 21 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra.

Aquí queda nas fotos de Jaime Pérez o retrato do día.