“Teño uns pés perfectos” é un libro dentro doutro libro. Unha parte de creación literaria e outra divulgativa, diferenciadas na obra impresa pola cor do papel.
As ilustracións de Gusti reflicten tamén esa dualidade: escenas cotiás de Melchor no apartado narrativo; formas icónicas e esquemáticas no plano científico. En conxunto, texto e imaxes están cargados de humor.
“Teño uns pés perfectos” chega xa ás librarías de toda España, un libro para ler cos pés descalzos.