A editorial Bromera xa pode presumir de 200 títulos e 30 anos de literatura infantil en valenciano. O número 200 da colección El micalet galàctic é para El meu malson favorit de María Solar.
A editorial consolida unha colección que recolleu o traballo de 94 autores e 104 ilustradores, e vendeu máis dun millón de exemplares. Ao longo do ano foron moitas as celebracións e os actos que conmemoraron este aniversario. Agora un dossier recolle a esencia dese aniversario e inclúe unha entrevista a María Solar sobre “O meu malson favorit”