Xuntos escolleron as mellores obras do ano nas distintas categorías. María Solar resultou gañadora do galardón ao mellor libro de literatura infantil con “O meu pesadelo Favorito” publicado por Galaxia e merecedor con anterioridade do premio Lazarillo, o Fervenzas Literarias e destacado na lista internacional White Ravens. O libro foi tamén publicado en castelán, “Mi pesadilla Favorita”, con Siruela, e en catalán, “El meu malson favorit” con Bromera e pronto sairá en italiano e turco. A autora contaba con outro libro finalista na mesma categoría, “Teño uns pés perfectos” de Kalandraka.