28 Xaneiro, 2018 msolar

MARÍA SOLAR INAUGURA NO TEATRE PRINCIPAL DE VILANOVA I LA GELTRÚ O PREMIO MENJALLIBRES

O ciclo de encontros cos escritores finalistas do premio Menjallibres na súa primeira edición abriuse coa visita de María Solar a Vilanova i a Geltrú.

Os 324 mozos inscritos neste premio de lecturas voluntarias déronse cita coa autora no Teatre Principal da cidade. Os adolescentes puideron coñecer de primeira man o proceso de creación e a historia real na que se basea “L’expedició do doutor Balmis” (Bromera) tradución ao catalán de “Os nenos da varíola” (Galaxia) tamén publicada en castelán como “Los niños de la viruela” (Anaya).

No próximo mes de maio as tres autoras finalistas daranse cita de novo cos lectores que elixirán o libro gañador. O premio Menjallibres é unha inciativa do Servei d’Educació de l’IMET e da Regidoria de Cultura de Vilanova i la Geltrú.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies