O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu a terceira edición da Gala do Libro Galego que organiza a Asociación Galega de Editores AGE, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega AELG, e a Federación de Libreiros de Galicia.
Os galardóns destacaron os mellores libros do ano nas súas distintas categorías a través da votación dos socios das tres asociacións e un xurado final. A obra “Os nenos da varíola” de María Solar publicada en Galaxia foi galardoada como Mellor Libro Xuvenil. O xurado destacou “a orixinalidade desta obra ao tratar un episodio practicamente descoñecido da nosa historia científica, cun amplo labor de documentación e rigorosidade, pondo rostro a heroes anónimos”.