Por terceiro ano “Os nenos da varíola” de María Solar se sitúa na cabeza dos libros máis vendidos en 2019.
A Editoria Galaxia vén de sacar a súa habitual lista de vendas do ano na que Domingo Villar se erixe de número un en vendas, seguido por “Os nenos da varíola”. 2019 é o terceiro ano no que este libro de María Solar encabeza a lista dos best sellers de Galaxia, sendo segundo tamén en 2018 e primeiro no ano do seu lanzamento o 2017. O libro verá tamén no 2020 a súa adaptación teatral que será estreada a finais de febreiro pola compañía Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego.