María Solar inicia as charlas do 2020 en Lugo tras a cita en Pontevedra do pasado decembro.
Como xa iniciara hai un par de anos nas “Charlas de literatura e ciencia” organizadas co CSIC, María Solar continua a realizar conversas sobre o libro “Os nenos da varíola” en grandes auditorios e teatros. Os actos, xestionados pola Editorial Galaxia, reúnen a máis de medio milleiro de escolares en cada cidade. A autora, tamén bióloga, conversa cos rapaces sobre a varíola, a súa historia, o proceso de documentación do libro e de escrita atravesando disciplinas como historia, bioloxía e letras nunha conversa emocionante e divertida, cargada de anécdotas que os rapaces descubriran. Neste curso escolar haberá ocasión para un par de charlas máis, aínda por fixar data.
Os institutos interesados en participar nestes actos poden poñerse en contacto co departamento comercial da editorial Galaxia no teléfono 986432100