Este ano no Día do Libro nada é como era pero os libros son parte importante deste confinamento global. A cultura sempre está aí para salvarnos a alma, para rescatarnos da tristura e para liberar emocións. Por iso, e máis ca nunca, desde a nosa casa quixemos poñer en valor o libro e a lectura. Fixémolo cun curioso vídeo dirixido e executado por Jaime Pérez que titulamos “ler é contaxioso” e do que fixemos versións en galego, castelán e catalán. Podedes velos entrando aquí. E podedes saber como se fixo técnicamente no blog da web www.jaimesteady.com
Ler é contaxioso e queremos unha pandemia de lectores!!