22 Xuño, 2020 msolar

“Contaxio” un conto a seis mans para Unicef


O peche dos centros educativos derivado da emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19, o confinamento e a perda de contacto físico cos amigos, supuxo unha ruptura total da rutina dos nenos, nenas e adolescentes. UNICEF e Lucía Regueiro, amiga da ONG, contactaron coa xornalista e escritora María Solar para propoñerlle a realización dun conto para a infancia. María propuxo traballar nun conto colaborativo e da man de Fran Alonso e Ledicia Costas. Xuntos, a seis mans,, escribiron “Contaxio”, que comeza cunha fermosa ilustración do pintor e ilustrador Leandro Lamas. Trátase dunha viaxe polo dicionario, unha viaxe no que coñecemos como sente “contaxio” e no que imos coñecendo a súa relación con palabras como “medo”, “inxustiza” ou “pobreza”, pero tamén as oportunidades que lle brindarán “vacina”, “medicamento” ou “investigación.

Unha vez escrito, Lucia Regueiro coordinou a gravación dun audiovisual no que coñecidos actores e actrices galegos len o conto. O elenco está conformado por Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez, coa realización de Lucía Rodríguez.

O resultado foi un marabilloso conto contado que está a cativar a nenos de todas as idades de 9 a 99 anos. Desde Unicef dinnos: “Contaxio é un conto que fala da actualidade, das implicaciones do coronavirus, un conto para a historia. Porque, ainda que los centros escolares pecharan, a educación non pode parar.” Aquí podes ver o vídeoconto https://bit.ly/ContaxioUNICEF

, ,

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies