3 Novembro, 2022 msolar

‘A CULPA’ XA ESTÁ NAS LIBRARÍAS GALEGAS


O libro de María Solar gañador do Premio Xerais de Novela 2022 chega ás librerías neste mes de novembro uns días antes de que se faga a entrega dos galardóns. O acto terá lugar no Museo do Mar de Galicia en Vigo o próximo día 12 de novembro.

No próximo ano tamén verán a luz as traducións de ‘A culpa’ ao castelán e catalán da man da editorial Contraluz. O selo fará o lanzamento da obra no mes de marzo de 2023.

Trala entrega do premio está previsto tamén que a autora realice presentacións da obra en varias cidades e vilas galegas. O calendario irase actualizando nas redes sociais da autora e de editorial Xerais. A primeira será o mércores 16 de novembro en Santiago de Compostela.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies