De forma simultánea á súa tradución ao castelán, a Editorial Contraluz, publicará o próximo 16 de marzo en catalán ‘A Culpa’. A tradución foi asinada polo escritor e tradutor galego-catalán Eduard Velasco. A obra, premiada co Xerais de novela, é un thriller psicolóxico que se converteu nun dos libros máis vendidos de Galicia.
Son xa tres os idiomas nos que podemos ler esta historia de dúas mulleres atadas por un crime. A historia de Marcela e Mirtha Val, aparece na vida de Amanda a través da herdanza que recibe dunha descoñecida. O que Amanda non sabe é que con esa fortuna tamén herdará as súas culpas e como lle cambiará a vida e a forma de ser.