24 Abril, 2023 msolar

“A culpa” en Barcelona na xornada festiva e multitudinaria do Sant Jordi


A culpa” estivo presente no Sant Jordi deste 2023 nas súas traducións a catalán e castelán. María Solar participou en nove paradas con sinaturas desde as dez da mañá ata as nove da noite, nunha edición sen máscaras, en domingo e cun tempo excepcional que recuperou ao seu público habitual e multitudinario desde primeira hora da mañá nesta extraordinaria cita entre os autores e o seu público en Cataluña.

A autora puido atoparse cos seus lectores nas paradas das librerías Abacus, Laie, Punt i Apart, ONA, Fnac, Espai Crises, Alibri, El Corte inglés e Casa del Libro, así como participar xunto a autores de Contraluz como Inma Chacón, na velada previa que La Vanguardia organiza cada ano na súa famosa festa de Sant Jordi.

A cita de Sant Jordi abre o calendario de feiras á que a autora asistirá en Galicia e Madrid.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies