Nos últimos meses foron moitos os encontros cos lectores de A Culpa por toda España. Desde as visitas a libreiros de Barcelona, Tarragona e Girona ao maravilloso Sant Jordi ou a Feira do libro de Madrid ata o festival Valencia Negra na mesa compartida con Carme Chaparro, encontros en librarías como El libro imposible en Ponferrada, pasando pola ampla presentación en Galicia por ducias de cidades e vilas, feiras do libro, librarías, citas como Cidade de Libro en Vilagarcía nun multitudinario encontro de novo con Carme Chaparro e Juan Tallón. O broche do verán foi na presentación ateigada de público na Feira do Libro da Coruña acompañada pola xornalista Fernanda Tabarés.
Tras todas estas citas e o descanso vacacional, a nova tempada deixa máis ocasións para o conversar cos lectores. As primeiras citas pasan polo encontro Afinades Electivas o 2 de setembro en Becerreá, Getafe Negro en outubro, a Universidade de Valencia en Novembro ou as Xornadas de Novela Negra de Verín en xaneiro.
A Culpa de María Solar, premio Xerais 2022, está editado en galego por Xerais e en Castelán e catalán pola editorial Contraluz.