A escritora e xornalista será nomeada “Amiga de UNICEF Comité Galicia” nun acto aberto ao público que se celebrará o próximo 19 de setembro ás 19h na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela. UNICEF Comité Galicia propuxo o nomeamento concedido por UNICEF España en recoñecemento á longa traxectoria de colaboración na promoción dos dereitos da infancia que María Solar vén desenvolvendo nos últimos anos.
O compromiso continuado e a súa colaboración concretouse tanto en campañas puntuais como en temáticas que atinxen a saúde, a participación infantil,educación e educación dixital.
No acto de nomeamento participarán tamén a presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito e a coordinadora Autonómica, Irene Marín.