30 Xaneiro, 2024 msolar

María Solar participa nas VI Xornadas de Novela Negra da Biblioteca de Verín


Os días 25, 26 e 27 de xaneiro tiveron lugar as VI Xornadas de Novela Negra da Biblioteca de Verín que este ano contaron con escritores como Fernando, Rueda, Pedro Feijoo e María Solar entre outros. As xornadas unen realidade e ficción sendo tamén protagonistas personaxes reais das novelas negras como forenses, xuíces ou comisarios, así participaron o xuíz José Antonio Vázquez Taín ou o forense, Fernando Serrulla.

O auditorio de Verín encheuse na presentación de “A culpa” coa que María Solar gañara o premio Xerais de novela 2022. A autora aproveitou a ocasión para contarlles en primicia aos veciños de Verín que a súa próxima novela que verá a luz en febreiro, está ambientada nesa vila ourensá.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies