O festival Creixell Crims deu a coñecer a súa programación para a edición 2024 os días 12 e 13 de xullo. O festival pretende fomentar a novela negra en catalán. A III edición deste festival, celebrado no municipio de Creixell en plena Costa Dourada, recibirá en sábado 13 de xullo á autora María Solar coa tradución ao catalán do libro “La culpa”. Ás 19h e baixo o título “Un judici de pedra” a autora manterá unha conversación sobre a novela coa comisaria do festival Raquel Gámez-Serrano. A charla desenvolverase en galego e català nun exercicio de pluralidade lingüística que ambas as escritoras quixeron evidenciar.
“A Culpa” foi traducido ao catalán por Eduard Velasco e publicado na Editorial Contraluz, do mesmo xeito que en castelán, en galego orixinal foi publicado por editorial Xerais e gañou en premio Xerais 2022.