Despois do seu paso o 1 de xuño pola Feira do Libro de Las Palmas, María Solar leva de novo “Adeline” a Gran Canaria con varias datas de sinaturas para pechar este mes. Serán os días, venres 28 de xuño de 11 a 13h na Casa do Libro de Las Palmas; o mesmo día en horario de 18 a 20 na casa do Lector; e o sábado 29 de xuño en Agapea Las Palmas de 11:30 a 13:30h.
Adeline foi publicado por Anaya en castelán, editorial Bromera en català e en galego orixinal por Xerais.
Esta novela xuvenil déixanos unha nova reinterpretación do clásico vampírico Carmilla, escrito en 1872 e protagonizado como, Adeline por unha moza vampira. A novela xuvenil tráenos á actualidade e a través da trama aborda outros temas como a amizade, a manipulación no amor ou a saúde mental.