O premio Menjallibres convocado pola Biblioteca de Vilanova i la Geltrú xa ten finalistas. Entre os tres libros seleccionados para o nivel de 3º e 4º de ESO figura Adeline. Unha iniciativa exemplar en cuxa primeira edición xa contaran con “L´expedició del doctor Balmis”
O certame contará agora coa votación dos propios lectores dos centros educativos de Vilanova i la Geltrú e resolverase nunha festa lectora coa participación do alumnado. Sorte, Adeline!